VILANOVA> Veciños de Vilanova protestan polas molestias causadas pola nova senda peonil que está a preto de rematarse na PO 307. Coa intervención construíronse unhas cunetas moi amplas que provocan danos aos vehículos. Denuncia que a Xunta non lles aporta ningunha solución.
O concello de Vilanova e a Xunta de Galicia están levando a cabo un proxecto para a creación dunha senda peonil na estrada PO 307. A intervención está preto de chegar ao seu final pero o resultado non convence aos veciños. A altura da cuneta construída provoca danos nos vehículos ao golpear o chan cando entran e saen das vivendas.
Nesta situación atópanse máis de 9 veciños que xa presentaron un escrito.
Os veciños denuncia que a única alternativa que lles dá a Xunta é colocar unha reixas cos riscos que iso supón para motoristas e ciclistas.
Os veciños tamén advirten que a obra provocará numerosas retencións no verán, xa que está situada xusto no punto de entrada á Illa de Arousa.
Os veciños agardan que que sexa a Xunta a que tome medidas na zona para que poidan acceder ás súas vivendas con normalidade. A obra aínda está en execución e a previsión é que se finalice antes do verán.