A Banda Unión Musical de Meaño reclama un local digno para poder ensaiar

MEAÑO> A Banda de Meaño reclama unha nova localización para poder realizar os seus ensaios. O local actual é pequeno para a cantidade de músicos que ten a banda e as normativas anticovid fan imposible que poidan practicar todos xuntos. Dende a directiva advirten que sen un local de ensaio a banda podería desaparecer.

A banda de música de Meaño non parou de crecer en músicos e recoñecementos nos últimos anos. Tal é o crecemento, que a pesar de ter un local novo que conta co 10 anos de vida, o espazo é insuficiente para dar cabida a todos os músicos. Por elo dende a directiva da unión musical levan meses reclamando un novo espazo.

A banda leva anos reclamando un local de ensino que se adapte as súas necesidades. Dende os partidos políticos falaron da posibilidade dun auditorio, pero dende a unión musical matizan que a súa necesidade é simplemente un local digno para ensaiar.

A banda estivo ensaiado durante o verán ao aire libre. Unha opción que coa chegada das chuvias xa non é posible. Como alternativa estudiouse a posibilidade de ensaiar no pavillón, pero denegouse por custes económicos. A falta dun local imposibilita a continuidade da banda infantil e da xuvenil.

Ao non contar cun local de ensaio, a banda leva dúas semanas sen practicar e non hai previsión de que o volva a facer na vindeira semana. Dende a directiva miran con medo ao futuro da banda.

Dende o concello abriron a porta á banda a que busque pola súa conta un novo local de ensino. En caso de atopala estudarían a maneira de subvencionalos para sufragar os gastos dos desprazamentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí