Expectacular accidente en Castrelo-Cambados

    Un aparatoso accidente de tráfico tivo lugar na carreteira entre Dena e Cambados.

    Ocorreu este venres, pasadas as dez de mañá, en Cambados, concretamente na zona de Castrelo.

    No suceso víronse implicados dous vehículos, un BMW con matrícula 0383 CFF conducido por unha muller, e unha furgoneta con matrícula M 3680 ML pertencente á panadería San Antonio de Padrenda. Conducía este vehículo Nuria Torres Sotelo que tivo que ser trasladada ó Hospital do Salnés por mor do golpe. Dende alí foi trasladada máis tarde ó Sanatorio Domínguez de Pontevedra onde permanece arestora. O seu estado é grave. Sofre un traumatismo craneoencefálico con conmoción cerebral e esquince cervical, lumbar e no nocello dereito.

     Anque as causas do accidente non están moi claras, parece que a furgoneta se incorporaba á estrada cando bateu contra o BMW.