Pontecesures decreta tres días de loito oficial

PONTECESURES> Pontecesures chora os seus veciños falecidos nos atentados do Domingo de Pascua de Sri Lanka. Nun pleno extraordinario, esta mañá a corporación decretou tres días de loito oficial en sinal de dor, e trasladou todo o seu apoio ás familias de María González e Alberto Chaves.

No concello de Pontecesures as bandeiras ondean dende onte a media asta. Todo o municipio chora a morte de dous dos seus veciños na vaga de atentados do Domingo de Pascua en Sri Lanka.

Nun pleno extraordinario, esta mañá a corporación trasladou todo o seu apoio ás familias de María González, natural de Pontecesures e de 32 anos, e Alberto Chaves, rianxeiro de 31. A parella vivía na vila que dende hoxe estará tres días de loito oficial.

O pleno remataba cun emotivo minuto de silencio para recordar a María e Alberto .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí