Fátima Abal denuncia unha publicación que a acusaba de falsidade documental

    CAMBADOS> A alcaldesa de Cambados, interpuxo esta mañá unha denuncia ante a Garda Civil, debido a publicación nunha web dunha nota que afirmaba, que a propia Fátima Abal fora detida por falsidade documental. A alcaldesa sostén que a única intencionalidade de este tipo de publicacións é facer dano a súa imaxe, e que feitos coma este, non poden quedar impunes. 

     

    As redes sociais en xeral, e as plataformas dixitais en concreto, estanse a converter nos últimos tempos, nunha arma de dobre fío, que de non seren ben utilizadas poden carrexar algún desgusto. Isto foi o que lle aconteceu a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. A pasada noite coñecía sobresaltada que unha plataforma de internet publicaba que estaba en dependencias xudiciais, acusada de falsidade documental. 

    Unha información, que a propia Abal non tardou en desmentir dende a súa páxina persoal de Facebook. A alcaldesa da vila do albariño recoñeceu que a finalidade deste tipo de publicacións, non é outro que danar a súa imaxe. 

    Uns feitos que tal e como admitía esta mañá, non poden quedar impunes, debido ao alcance social que teñan e que non responden a feitos reais, polo que supoñen un grave delito.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/fatima_denuncia_falsa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/fatima_denuncia_falsa.mp4{/flowplayer}