Representantes dos colectivos sociais da cidade e da provincia de Pontevedra, políticos e mandos militares, acudiron hoxe ó acto celebrado na Alameda para homenaxear ós doce militares da Brilat, falecidos o 16 de agosto en Afganistán.
Un acto solemne e emotivo, foi o que ofreceu a cidadanía de Pontevedra ós soldados da Brilat falecidos en Afganistán. Ante o monumento ó soldado, desfilaron efectivos da compañía de infantería, á que pertenencían os homenaxeados. Na ofrenda floral participaron representantes dunha vintena de colectivos da cidade, coa presencia de familiares das víctimas.
A comisión organizadora entregou unha praca de bronce ó mando da BRILAT, o xeneral Vicente Díaz de Villegas, coa inscripción ós militares falecidos en acto de servizo en Afganistán.
Esta e outras novas pode velas en Telesalnés-Barbanza (TVSB CANAL RIAS BAIXAS).