Monte Faro, segue a confrontación PP – BNG

    O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acusa ó portavoz do BNG de xerar confusión e malestar entre os veciños con propiedades no Monte de Faro.

    Martín refírese á reunión organizada polo BNG en Vilalonga o pasado sábado para falar do Solo Urbanizable número tres. Nese acto, Lores sinalou que o sesenta por cento do solo xa estaba comprado, algo que pon en dúbida o goberno local. O BNG tamén acusou ó alcalde de non querer informar ós veciños. Telmo Martín lembra que os veciños de Noalla xa coñeceron en 2003 os plans para esta zona e que os propietarios foron informados tan pronto houbo un proxecto concreto. O PP cre que o que lle doe ó BNG é que o concello fose capar de converter unha zona de rendemento mínimo nunha das máis atractivas de Sanxenxo.