O concelleiro de cultura de Ribeira, Luciano Fernández, compareceu este venres en rolda de prensa para presentar unha nova edición da Mostra de Teatro da localidade e que se vai desenvolver no auditorio municipal a partir do sábado día oito de outubro.
En total, este ano participarán oito compañías teatrais, entre elas, Áncora, Teatro do Improvisto, Talía ou Almafí.
As funcións, que comezarán ás nove e media da noite excepto na primeira xornada, desenvolveranse tódolos venres dos meses de outubro, novembro e decembro.
A concellería de cultura ribeiresa prevé que durante a mostra pasen polo auditorio máis de dúas mil persoas.
O concelleiro de Cultura de Ribeira, Luciano Fernandez, presentou esta mañá unha nova edición da Mostra de Teatro que se vai desenvolver na localidade a partir do próximo sábado oito durante os meses de outubro, novembro e decembro.
Este ano na Mostra de Teatro ribeiresa participarán un total de oito compañías, entre as que destacan Áncora, Teatro do Imprivisto, Talía ou Almafí.
O concelleiro ribeirés destacou o alto índice de participación e a súa aceptación por parte do público que en edicións anteriores acudiu de xeito masivo ó auditorio municipal. A entrada para acudir a estas representacións será gratuíta, mais haberá que estar alomenos unha hora antes no auditorio para asegurar un dos 278 sitios existentes.
A compañía encargada de pechar este ciclo teatral será o grupo municipal de teatro de Ribeira, que representará «La casa de Bernarda Alba» o día 2 de decembro.