Nace en Boiro unha nova asociación de xubilados co obxectivo de conseguir unha residencia

BOIRO> Nace en Boiro unha nova asociación de xubilados presidida por Manuel Velo. A súa principal demanda é a construción dunha residencia da terceira idade así como a posta en marcha de máis actividades socioculturais para os maiores.

Seis boirenses integran a directiva da recentemente constituída asociación de xubilados de Boiro. Presidida por Manuel Velo, nace cun obxectivo principal: a construción dunha residencia no municipio.

Ademais deste proxecto, a nova entidade demanda un maior dinamismo na programación dirixida ó colectivo da terceira idade con actividades sociais e culturais.

Xa mantiveron contactos co concello para solicitarlle a cesión dun local no que poder desenvolver a súa actividade.