Ribeira habilita a Casa da Xuventude para acoller as persoas sen fogar

RIBEIRA> O concello de Ribeira habilitou a Casa da Xuventude como albergue para persoas sen fogar. As instalacións dispoñen dun total de corenta camas posto que adoitan funcionar como albergue xuvenil.

Ademais deste albergue temporal, que comeza a funcionar esta mesma noite, o concello traballa xa na posta en marcha doutras medidas de carácter social como a coordinación de grupos de voluntarios para a prestación de servizos. Por outra banda, o executivo está a perfilar unha serie de iniciativas culturais a través das redes que teñen como obxectivo favorecer o comercio local, unha vez superada a crise xerada polo coronavirus.

O alcalde e o resto dos membros da comisión de seguimento perfilarán estas iniciativas na vindeira reunión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí