A Pobra porá en marcha un servizo de comedor sobre rodas

POBRA> Os veciños interesados xa poden contactar con Servizos Sociais para informarse da proposta. O que se pretende con este servizo de comida a domicilio é garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores ou dependentes do municipio que non poden valerse por si mesmas.

Unha vez aprobada no último pleno a ordenanza reguladora deste servizo, que se atopa xa a exposición pública, a concellería de Servizos Sociais última os detalles para a posta en marcha deste servizo que contará con financiamento do Plan+Adicional 2021 para gastos sociais, da Deputación da Coruña.

Con el preténdese facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades das persoas maiores ou dependentes do municipio que non poden valerse por si mesmo.

Dende o Concello animan a veciñanza a contactar con eles, a través do teléfono 981-832764, para se informar e ir preparando toda a documentación necesaria.

Os menús entregaríanse de luns a venres, agás nos festivos, e serían elaborados segundo as necesidades de cada unha das persoas usuarias.