Arousa Norte presenta novo material turístico

    BARBANZA> Trátase de dous novos folletos, a ‘Guía de Aloxamentos’ e ‘Onde comer e servizos’. Con estes dous novos folletos, a ‘Guía de Aloxamentos’ e ‘Onde comer e servizos’. a mancomunidade de municipios Arousa Norte pretende dar resposta a dúas das preguntas máis frecuentes das persoas que se achegan ata esta comarca, como son os servizos de hostalería e restauración existentes. Os dous materiais, dos que se realizou unha tirada duns cinco mil exemplares, serán distribuídos nas catro oficinas de información turística da comarca e tamén nas principais cidades de Galicia, servindo de gran utilidade como instrumento de promoción nas feiras de carácter turístico nas que participe a mancomunidade. O presidente de Arousa Norte aproveitou tamén a comparecencia ante os medios para informar de que a entidade xa está a traballar nunha nova edición do concurso ‘+Q Tapas’ que se desenvolverá nas dúas últimas fins de semana do mes de novembro e as dúas primeiras do mes de decembro.