A Policía Nacional de Vilagarcía amosa o seu descontento

    Os sindicatos da Policía Nacional de Vilagarcía manifestaron hoxe o seu desexo de rematar co cruce de declaracións acerca da polémica co concelleiro Alejandro Quintela. Están dispostos a tender unha man para rematar co conflicto pero esixen unha rectificación pública do edil de Seguridade Cidadá.

    Os responsables sindicais da Policía Nacional de Vilagarcía falaron en rolda de prensa coa intención de zanxar a polémica entre eles e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Alejandro Quintela.

     

    Os sindicatos consideran que se verteron acusacións moi graves contra a Policía Nacional de Vilagarcía, e en concreto contra o secretario de prensa do SUP José Manuel Ayude. Critican tanto ó equipo de goberno local como á executiva comarcal do PSOE pola defensa do edil e por desvirtuar a orixe do conflicto. Piden ó alcalde que se atreva a dicir en público o que lle dixo en privado a Quintela.

    Tamén tiveron resposta para as declaracións do PSOE comarcal, nas que defendía a Quintela como o principal impulsor da nova comisaría e da defensa dos traballadores do corpo policial.

    Os sindicatos tenden unha man para acabar co conflicto pero esixen unha rectificación pública, anque sexa por escrito, de Alejandro Quintela.