O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés ten vía libre para celebra-lo seu pleno de constitución. Os xulgados tumban as peticións de medidas cautelares que bloquean a renovación do ente comarcal. E isto, aínda que quede pendente aclarar se houbo ilegalidades na elección secreta en Meaño para a designación dos seus representantes. No auto, a xuíza amosa as súas dúbidas e fala dun posible caso de transfuguismo indirecto. Esta parte sérvelle ó aínda presidente da Mancomunidade para cargar contra os socialistas. No PSOE, mentres, advirten a Gonzalo Durán que se non convoca xa o Pleno tomarán novas medidas.
A resposta da xustiza é clara: quedan desestimadas as medidas cautelares que bloqueaban a renovación da Mancomunidade do Salnés. Deste xeito, o órgano comarcal ten vía libre para convola-lo pleno de constitución. Os populares solicitaban a súa parálise ata que non houbese unha sentenza sobre a posible ilegalidade da polémica votación en urna en Meaño para a designación dos seus vogais.
Os cinco alcaldes socialistas da comarca esíxenlle ó Presidente en Funcións que convoque o pleno xa.
Durán evita, polo de agora, dar unha data para celebra-lo pleno. O tamén alcalde de Vilanova considera vergoñento a forma na que o PSOE pretende facerse co control do organimos.
O presidente en funcións pon o foco na parte do auto na que a xuíza amosa as súas dúbidas sobre un posible caso encuberto de transfuguismo indirecto.Pero o PSOE di que iso non vai con eles.
Tanto Meño Independiente como o veciño que solicitarn a suspensión da elección de vogais no pleno meañés anunciaron que van recorrer. Teñen 15 días para facelo, o que podería traducirse nunha nova demora na convocatoria do Pleno da Mancomunidade.