Todo listo para a XVII edición da Festa da Lamprea

    festa_lamprea2012copy.jpgPONTECESURES> 300 lampreas serán cociñadas nesta ocasión. O cociñeiro e presentador de televisión André Arzúa será o encargado do pregón.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_LAMPREA_2012.flv{/flowplayer}

    300 lampreas serán cociñadas na décimo sétima edición da Festa da Lamprea de Pontecesures, prevista para o domingo día 25 de marzo. Por cinco euros os amantes deste manxar procedente do río Ulla poderán degustar unha das 600-700 racións que serán repartidas neste día.

    En canto á programación será similar á de edicións pasadas. Ás dez da mañá comezarán os beirarrúas e ás doce terá lugar a recepción das autoridades na casa do concello. A esa mesma hora comezarán a servilos pratos de lampreas para a unha dar lectura ó pregón.

    A diferenza doutros anos, esta edición vai estar marcada, por unha banda pola situación de crise económica, que levou a reducilo orzamento da festa en 20.000 euros, e por outra pola escaseza de lampreas derivado da falta de choivas nas últimas semanas. Aínda así, desde o concello, agardan repetila afluencia de comensais doutros anos.

    Un total de 20 persoas traballarán nesta edición da Festa da Lamprea para que estea todo a punto no día. Pola súa banda, lembrar que o día antes, o 24, haberá unha nova presentación de O Faiado da Memoria no Centro Social ás seis e media da tarde.

    Redacción Salnés