Una muller é expulsada da casa onde vivía pola forza

    En Vilagarcía unha muller foi expulasada a forza pola caseira do piso onde vivía. Esta noite os mobles de Milagros Diz apareceron no portal do edificio. A policía local non pudo facer nada xa que a inquilina carecía de contrato de aluguer. Esta mañá o caso estaba no xulgado vilagarcián.

    Milagros Diz  vivía nun piso de aluguer na rúa Juan Carlos I de Vilagarcía. Tratábase da vivenda dunha amiga que se atopaba na capital do país. Milagros facíase cargo dos gastos de comunidade, lixo e do imposto da rede se sumidoiros, ademáis de pagar arredor de 300 euros que cada mes o ingresaba na conta bancaria da caseira. Para facer fronte a tódolos gastos dúas habitacións eran alugadas. O problema chegou sobre o mes de Xuño cando a amiga de Milagros quería volver o piso. Chegaron a un acordo para que a inquilina pudera abandonar a vivenda no mes de decembro. Uns días máis tarde a caseira lle exixiu a través dunha mensaxe que  abandonara o piso en 20 días. Cumprido o prazo botouna a rúa a forza.