Vilanova aproba mañá unha suba do 10% na taxa do lixo

    VILANOVA> Mañá apróbase en pleno a actualización desta taxa e a doutras tres. Hoxe o alcalde mailo concelleiro de Facenda compareceron en rolda de prensa para explicar que a suba desta taxa repercutiralle a cada familia vilanovesa nun 10%, uns 11 euros máis ó ano. O aumento da taxa do lixo en Vilanova repercutirá nos veciños nun 10%. Ata o de agora cada unidade familiar pagaba 101,50 euros anuais. Segundo os cálculos realizados polos técnicos municipais, cunha suba ata os 112 euros sería suficiente para minimizar o sobrecuste ós veciños e que o concello non saia perdendo cartos, xa que Sogama esixe un aumento do 37% por tonelada de lixo tratada. Se esta medida é aprobada en pleno, poríase en marcha a partir de 2014. Os pagos pasarían a ser cuatrimestrais para intentar reducir o impacto nas economías familiares. O alcalde di que non lles queda outra que asumir este aumento na taxa do lixo. Dende o PSOE cargaron xa con dureza contra o alcalde Gonzalo Durán. Acúsano de falta de transparencia, por poñer o pleno ás nove da mañá e de mentir en relación coa suba de taxas. Din os socialistas que nos últimos dous anos as taxas municipais terán experimentado un aumento de en torno o 60% debido a nefasta política económica do PP a nivel local e tamén estatal. No pleno, que arrancará ás nove da mañá, tamén serán probadas as actualizacións das taxas de saneamento, de auga e o imposto de circulación conforme ó IPC, o que suporá un incremento do 2,4%. Tamén se levará a aprobación dunha operación de crédito a longo prazo, de dous millóns de euros que servirá para solventar as débeda con 10 provedores, como a propia Sogama, Telefónica ou Fenosa. Con esta operación, recoñecen dende o goberno local, a débeda do concello cos bancos aumentará ata case os 6 millóns de euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/lixo600_121113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/lixo_121113.mp4{/flowplayer}