A festividade de San Fidel cumpre 200 anos en Carril

    VILAGARCÍA> Douscentos anos non se cumpren tódolos días… e si non que llo digan aos veciños de Carril que este ano deseñaron un programa de actividades para conmemorar o 200 aniversario da festividade de San Fidel na vila. O douscentos aniversario da celebración de San Fidel en Carril trae consigo neste 2017 algunha novidade, tal é como explicaba o responsable do festexo esta mañá. Tradición e devoción mesturaranse en Carril para honrar a San Fidel no seu día grande na localidade arousá, na que posteriormente a procesión o Arzobispo de Santiago oficiará unha misa. Tamén haberá tempo para o esparexemento, e todos aqueles que gusten da música de bandas, poderán presenciar un da Banda Municipal de Vilagarcía en Carril. Orquestras e actividades para os máis pequenos completan o cartel da Festa de San Fidel en Carril o vindeiro fin de semana. A presentación de esta celebración acudiu a edil de Cultura o alcalde de Vilagarcía e diferentes membros da organización.