Campionato Galego de Trial

13

Esta fin de semana desenvolveuse a proba vilagarciá do Campionato Galego de Trial. No circuito de Montefría en Xiabre só houbo un gañador, trátase de José Manuel Suárez, piloto boirense que afianzou o seu liderazgo neste campionato consolidándose como o mellor piloto deste ano. O motorista boirense venceu na categoría senior de trial ó impoñerse o seu irmá Jorge. Ámbolos dous pilotos foron os auténticos dominadores do Campionato Galego de Trial e como non podía ser doutra maneira tamén o amosaron na proba do circuito de Montefría, en Xiabre, que se desenvolveu esta fin de semana. Numerosos aficionados déronse cita neste entorno natural onde os competidores ofreceron un gran espectáculo. Participaron 38 pilotos divididos en media ducia de categorías. O campionato foi organizado polo Motoclub SqeM de Vilagarcía que contou coa colaboración desinteresada de Protección Civil, para non correr riscos no percorrido da carreira. Ademáis dos gañadores non se pode esquecer a boa actuación dos tres pilotos locais: Joaquín Diéguez que se proclamou segundo, Verónica Miguéns quinta na sua categoría e Carlos Miguéns que acadou a cuarta posición na sua categoría.

COMPARTIR