Remodelación da casa do Concello de Cambados

    4

    O Concello de Cambados está en obras. Hoxe comenzaron os traballos de remodelación da casa consistorial que ampliarán as dependencias municipais para unha maior comodidade dos veciños e empregados. Esperase que en febreiro do vindeiro ano as obras estén rematas. As obras de remodelación do concello de Cambados comenzaron polas dependencias do andar de abaixo. Aquí na antiga sala de exposicións e antiga cárcere do concello situaráse o salón de plenos, recuperando a pedra que escondía o cemento. O rexistro tamén se situará nesta planta para maior comodidade dos veciños. As escaleiras de acceso o primeiro andar desapareceran co fin de optimizar espazos e mellorar os accesos. Deste xeito unha única escaleira central comunicaráse cos despachos. O mostrador e oficinas estarán directamente comunicadas coa oficina do aparellador municipal que estará o carón da do capataz e a de contratacións. As dependencias da policía nacional tamén se ampliaran. No andar de abaixo situaranse as oficinas dos cabos, o despacho do sarxento, unha oficina central, a sala de atestados, os depósitos e os vestiarios. Fai 20 anos que non se facían obras no concello polo que supoñen unha modernización dos espazos municipais cara a unha mellor atención os cidadans.

    COMPARTIR