O Rasoeiro asina a permanencia tras gañar ó Camariñas

balonman250_310309.jpgSALNÉS> O Rasoeiro acadou esta fin de semana unha victoria importantísima na cancha do Camariñas que lle outorga a salvación matemática a dous xornadas para o remate da fase. O Agnusdei, xa descendido, loitou ata o final ante o BM Deza co que acabou cedendo por dous goles de diferencia.

Non foi dos peores partidos do Agnusdei, pero os meañeses volveron a perder en Coirón ante o Balonmán Deza. Os visitantes estiveron por diante no marcador prácticamente durante todo o encontro , aínda que con escasas diferencias que permitiron ós locais soñar coa victoria.

Tras unha primeira metade na que os ataques impuxéronse ás defensas, o Agnusdei fixo axustes atrás no segundo acto e puido achegarse no marcador. Tivo opcións para poder empatar o encontro pero non as aproveitou, debido a varias perdas de balón. Os lalinenses xogaron mellor os últimos minutos do encontro e leváronse a victoria por 26-28.

O Rasoeiro acadou unha victoria moi traballada na pista do Camariñas que lle dá ós grovenses a salvación matemática pase o que pase cos descensos dende a categoría superior.

Os de Jaime García fixeron unha primeira metade para enmarcar, levando o partido ó seu terreo grazas a unha boa defensa e ó contragolpe. Fóronse 9-15 ó descanso, seis goles arriba que lles facían recuperar momentáneamente o golaverage, que o tiñan desfavorable por cinco tantos.

Pero nos primeiros minutos do segundo acto, o cadro local subíu a súa intensidade defensiva, levou o partido a un terreo máis físico e ahí o Rasu sufríu, tanto que víu como o marcador se igualaba.

Pero lonxe de renderse, aproveitouse dunha exclusión dun xogador do Camariñas para poñerse de novo en vantaxe, recuperar o seu mellor xogo e comandados polo xuvenil Iago e polo gardarredes Solla, foron aumentando diferencias ante o desconcerto local. Ó final 21-28, sete goles arriba que lle deron dous puntos, o golaverage e a salvación.

A semana que ven teremos derbi no pavillón de Coirón, xa sen nada en xogo entre Agnusdei e Rasoeiro.

Redacción Salnés