Interesante xornada de fútbol a que agarda esta fin de semana

futbol250_180108_001.jpgSALNÉS > Vilalonga e Alondras xogarán o encontro máis destacable. Rápido de Bopuzas e Portonovo xogan mañá en partido adiantado.

Este domingo pasa por San Pedro un dos derradeiros trens que pode enganchar ós de Josiño Abalde ós postos de arriba. O rival, o Alondras, son cuartos e leva sete semanas sen perder. Os locais acuden ó encontro coas ausencias de Comesaña, Álex Gómez e John. Será o domingo ás 16:00.

Ás 16:15, o Céltiga recibe ó Montañeros no Salvador Otero. Os de Manuel Núñez precisan da victoria para saír dos postos dabaixo aínda que enfronte terán a un dos rivais máis fortes da categoría.

O Arousa pola súa banda desplázase tamén o domingo para xogar contra o Lalín. Os de Laxes levan quince anos sen gañar no Manuel Anxo Cortizo polo que tentarán romper con esta racha negativa e continuar escalando postos na xeral. Será o domingo ás 16:30.

Antes, mañá ás 20:00, o Portonovo mide as súas forzas co Rápido de Bouzas. Ibrahim Baptiste, chegado hai uns días a Baltar, podería debutar na media punta. Piscis continúa a estar cuestionado e unha derrota poderialle costar o posto.

Unha cateogoría por debaixo, o Ribadumia xoga no campo do Cultural Areas, un partido clave para os de Ricardo se é que queren seguir nos postos de arriba. Ademais o Grove recibe ó Caselas, o Noia ó Flavia e o Boiro xoga fóra co Castro.

Redacción Salnés