Homenaxes para os remeiros de Vilaxoán e Amegrove InterRías

bateis250_290409.jpgSALNES> Os clubs de remo de Vilaxoán e Amegrove InteRías están de noraboa, xa que veñen de proclamarse campións de España de Bateis. Os vilagarciáns fixérono en cadetes e xuvenís, os grovenses nas dúas categorías infantís. Estes, foron días de celebracións.

{flowplayer}images/salnes/BATEIS.flv{/flowplayer}

SALNÉS> Amegrove InterRías e Vilaxoán foron os grandes protagonistas do Campionato de España de Bateis celebrado esta pasada fin de semana na Baía de Santander. Entre ambos obtiveron catro triunfos que colocan ó remo do Salnés no máis alto nivel nacional.

No caso do club grovense leváronse a vitoria en promesas Féminas, por unha marxe de menos de un segundo con respecto a Chapela, que foi segundo, e en Infantil onde gañaron dun xeito máis folgado tras unha dura pugna coa embarcación de Muros, á que superou por 4 segundos.

Pola súa parte Vilaxóan proclamouse campión en Cadete, tras impoñerse por un estreito marxe a Robaleira e en xuvenil, onde non deron opción algunha ós seus rivais e amosaron unha gran superioridade.

E as celebracións non tardaron en chegar. No Grove, na tarde do luns a directiva de Amegrove organizoulles un recibimento por todo o alto nas súas instalacións. O club percorreu logo as rúas da localidade e mesmo visitaron o seu co patrocinador de Sanxenxo, parando no Monumento dos Mariscadores.

En Vilagarcía rendeuse onte á tarde unha homenaxe ós campións de Vilaxoán. As dúas tripulacións das categor´ñias cadete e xuvenil masculinas, acompañadas polos membros do club foron recibidos na Casa Consistorial pola alcaldesa e os portavoces municipais. Esta é a segunda vez que o Vilaxoán se proclama campión de España, o ano pasado foron as remeiras máis novas da localidade. Uns triunfos que demostran que o Vilaxoán ten unha das canteiras con maior potencial do remo galego. 

Redacción Salnés