Un home con sorte

    O teatro volveu a iluminar o auditorío de Vilagarcía esta fin de semana. Da man da entidade Caixanova interpretouse a obra “un home con sorte” de José Luis Alonso de Santos. O actor principal , Juan Luis Galiardo, poñese na pél, dun actor retirado con moitas grandezas e demasiadas miserias.

    Un home sae o escenario do mundo  para enfrontarse co seu destino. Galiardo vive ó papel de Fernando Sanjúan, un actor retirado cun espléndido encaixe de galán menguado polos anos. Nun texto que ven a incidir con boas dosis de humor na famosa frase: a vida pasa sen ocuparse de nosotros. Isto precisamente é o que conta “Un home con sorte”, o protagonista ten que rendir contas coa sua vida se quere seguir vivindo. Fai entón un itinerario das suas vivencias e dos seus sonos; saca en escena amores, amigos, traballo e familia tratando de dar  sentido a vida que lle queda por vivir. Pero o noso personaxe ten ademáis o suficente sentido do humor como para reírse das suas propias desgracias. O escenario convertese así nunha pequena vida máxica e necesaria.