Portonovo recupera a Festa da Empana con 16 elaboracións típicas de diferentes vilas de toda a costa galega

SANXENXO> O club de Piragüismo Portonovo e a confraría de San Roque recuperan a festa da empanada mariñeira. Nesta terceira edición poderán degustarse 16 receitas diferentes de empanada das tres provincias galegas con costa. O evento celebrarase a fin de semana na lonxa de Portonovo cumprindo con todas as normas sanitarias.

Despois dun ano de ausencia, o club de Piragüismo Portonovo e a confraría de San Roque recuperan a festa da empanada mariñeira. Un evento que nesta terceira edición contará con 16 elaboracións diferentes deste produto para degustar. Por primeiro ano, estarán representadas as variedades das tres provincias galegas con costa.

Os organizadores destacan que a empanada é un produto típico das vilas mariñeiras. O obxectivo desta festa é poñer en valor os alimentos do mar.

A festa da empanada conta co apoio da Xunta de Galicia, a deputación de Pontevedra e do concello ademais de pescadRías. Dende a administración local destacan a aposta do club de piragüismo por fomentar os produtos locais e por destacionalizar os eventos.

A festa terá lugar durante a fin de semana na lonxa de Portonovo en horario, sábado de 1 a 9 e media da tarde e domingo de 12 do medio día a 8 e media da tarde. A festa contará con todas as medidas sanitarias adaptándose aos protocolos da consellería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí