Centos de persoas pasaron esta fin de semana polo concello meco para degustar miles de racións do apreciado marisco. Ainda que ademáis do bo xantar e do bo viño os asistentes á Festa do Marisco tamén desfrutaron de boa música. O sábado o grupo folclórico Malveiras pasou polo recinto da festa facendo as delicias dos veciños e visitantes, isto foi o mediodía e a tarde o grupo folclórico Cantodorxo non deixou a ninguén impasible. Xa o domingo a música continuou no recinto feiral, para acompañar os pratos o mediodía estaba o grupo Xiraldola. E para a merenda e cea non podía fallar a actuación do grupo folclórico Trompos ós Pes e o Paradanda- Mecos. Unha boa combinación que fai que cada ano sexan máis os visitantes os que se achegan o concello meco polas datas do “marisco”.