“A actuación da alcaldesa foi antidemocrática e premeditada”

     SANXENXO> O voceiro do BNG en Sanxenxo, David Otero, foi contundente á hora de valorar o acontecido no pleno do pasado día 25

    {flowplayer}images/salnes/BngDenunciaPreferentes_040413.flv{/flowplayer} 

    O voceiro do BNG en Sanxenxo foi contundente á hora de valorar o acontecido no pleno do pasado día 25 e as consecuencias que trouxo. David Otero pediu hoxe responsabilidades á alcaldesa e ó seu grupo de goberno e asegurou que esixirán un informe ó secretario municipal no que explique por que se ordenou o despliegue de Policía e Garda Civil e en base a que criterios legais.

    Aseguran que trala denuncia feita polos afectados polas preferentes o pleno podía ter continuado e non era necesario nin que os mebros do goberno local fosen escoltados nin desaloxar ós manifestantes. Cren os nacionalistas que todo estaba premeditado. 

    Otero entrou a valorar tamén a denuncia posta pola Policía Local á voceira dos afectados, Rosana Balboa. Di que o concello está detrás desta acción antidemocrática coa que pretenden intimidar.

    Mentres dende o concello anunciaron hoxe que a alcaldesa continúa a manter xuntanzas individuais cos afectados pola preferentes nas que os asesorarán  sobre o seu dereito á asistencia xurídica gratuíta.

    Redacción Salnés