Un erro obriga a unha muller a agardar un ano por unha cita médica

    VECINA_CAMBADOS copy.jpg CAMBADOS> A veciña de Cambados tiña cita para o día 14 de setembro pero cando chegou a consulta dixéronlle que non tiña cita.

    {flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_TRATO_MONTECELO.flv{/flowplayer}
     
    Trinidad Expósito leva padecendo desde fai preto de dous anos un problema de circulacións nas pernas que lle provocou que fai ano e media lle tiveran que amputar o dedo índice do pé dereito. O un de marzo pediu cita no Hospital de Montecelo para acudir a unha revisión en Cirurxía Vascular porque agora está tendo problemas no dedo maimiño.
     
    A cita déranlla para o catorce de setembro. Para a súa sorpresa, cando chegou ó centro o pasado martes dixéronlle que non tiña cita.
     
    Ademais, cada día acude ó Centro de Saúde de Cambados para que lle fagan as curas pero ten medo que lle teñan que amputar outro dedo do pé. Ademais, esta vilagarciá, afincada en Cambados, é diabética o que empeora o seu problema.
     
    O único que pide é que lle busquen unha solución. Ó que non está disposta é a agardar un ano para poder acudir á cita que tiña para o pasado martes.
     
    De continuar con esta situación Trinidad non descarta interpoñer unha denuncia contra o Hospital de Montecelo.
     
    Redacción Salnés