Centolos de Ouro 2005

    E trala entrega dos premios do simposio celebrouse o xantar oficial que se celebra tódolos anos con motivo da Festa do Marisco. Os centolos de ouro este ano foron parar ó Faro de Vigo, ó restaurante El Combatiente e ó debuxante Gogue e a Antón Mascato.

    O xurado do simposio de escultura, os premiados, xornalistas, autoridades e destacadas figuras da vida económica, cultural e social do concello meco déronse cita esta tarde no xantar oficial da Festa do Marisco do Grove, na que se fixo entrega dos centolos de ouro 2005. O restaurante El combatiente foi un das galardoados dentro do apartado da promoción da gastronomía tradicional.

    Pola promoción da cultura galega, obtivo centolo de ouro o Faro de Vigo. Antón Mascato, o editor meco, foi premiado tamén pola promoción turística de Galicia a través da súa obra. O último en recibir o galardón foi o debuxante Gogue. O alcalde, Miguel Poérez, agradeceu a asistencia ó xantar de representantes mallorquíns cos que o concello garda unha excelente relación de irmandamento e destacou os factores que fan desta cita gastronómica un evento inesquecible.