A Asociación Con Eles actúa no Festaclown reivindicando con humor o non ás guerras

VIALGARCIA> O festaclow volve mostrar a súa cara máis social coa actuación da Asociación Con Eles. Os usuarios do centro prepararon unha actuación teatral coa colaboración do taller de teatro clámide. Na obra amosaron con humor un adestramento militar que inclúa un mensaxe final, non ás guerras.

O festaclow continuando enchendo a rúas de Vilagarcía de humor e diversión pero tamén mostrando a súa cara máis social e integradora. Este venres os encargados de abrir os espectáculos foron os usuarios da Asociación Con Eles na Praza de Galicia. Xunto co taller de teatro clámide presentaron unha obra que recibiu a aclamación do publico.

Os usuarios estiveron dende maio preparando a obra. Con seriedade pero con moita diversión conseguiron gañarse ao público.

Para a asociación e vital realizar actividades como estas para axudar aos seus usuarios.

Dende o concello destacn o exito que estan tendo as actuacions do festaclown e poñen en valor a sú parte máis solidaria com actuacions como a de hoxe.

Por parte de Con Eles quixeron agradecer a oportunidade e a importancia apra eles de poder participar en eventos como o festaclown. A programacion continuo con tres novos espectáculos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí