O Goberno Central presenta outra batería de duros axustes

    O SALNES> O Goberno Central ven de anunciar un reaxuste de 65.000 millóns de euros para os vindeiros dous anos e medio,…

    {flowplayer}images/salnes/medidas_rajoy.flv{/flowplayer}

    … que levará parellas medidas tan impopulares como a subida do IVE, a eliminación da paga estra de Nadal ós funcionarios, deputados ou senadores e a diminución das prestacións de desemprego; así como a reducción nas cotizacións sociais ou a desgravación por compra de vivenda. A nivel municipal pretenden eliminar as competencias dos municipios pequenos e reducir nun 30 % o número de concelleiros.

    Destas medidas á máis impopular, pola súa amplitude de aplicación é a subida do Imposto sobre o Valor Engadido, que pasa dos 18 ó 21 % puntos porcentuais, sendo o incremento do IVE do 8 % ó dez por cento nos productos medios, e manténdose no 4 % os productos de primeira necesidade.

    Esta medida suporá un incremento no gasto de 415 euros anuais por familia, segundo a OCU. Os veciños das Rías Baixas e os visitantes coincidiron en censurar esta nova e dura batería de medidas. Aínda que tamén hai quen xustifica as medidas anunciadas por Rajoy como necesarias.

    Os turistas das Rías Baixas que residen en Alemaña aseguran que ven máis claramente o momento nefasto que está a atravesar o noso país; unha situación que neste país xa se preveu fai anos con diversos recortes.

    Redacción Salnés