A Xunta adxudicará esta semana o proxecto de construcción do Centro de Tecnificación de Vela de Vilagarcía.
Así o confirmou esta mesma tarde o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, na súa visita ó concello arousán. O responsable autonómico entrevistouse con responsables municipais e visitou varios clubes da vila.
O centro de Tecnificación de Vela de Vilagarcía comezará este mesmo ano a ser unha realidade. A Xunta de Galicia ten previsto asinar esta mesma semana o contrato coa empresa adxucataria e as obras comezarían antes de que remate o ano. Así o confirmou o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, logo de entrevistarse no concello co alcalde en funcións Manuel Rodríguez Cuervo e co concelleiro de Deportes, Carlos Guerrero.
O director xeral para o Deporte trasladouse logo ás instlacións que o Liceo Casino dispón no Peirao de Pasaxeiros para coñecer de primeira man as inquietudes da sección de Vela da entidade. Santiago Domínguez visitou as dependencias que empregan os deportistas do Liceo no que era antigamente o Clube de Mar. O responsable autonómico tamén se entrevistou coa Comisión organizadora do Vilagarcía Basket Cup. En breves días convidará ó alcalde Javier Gago e ó concelleiro de Deportes, Carlos Guerrero a unha entrevista en Santiago para abordar máis polo miúdo outras demandas municipais en materia deportiva.