Os Reis Magos deixaranse ver na tarde do sábado en Vilagarcía

    VILAGARCIA> As Súas Maxestades de Oriente, os Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ó peirao de Vilagarcía…

    {flowplayer}images/salnes/ptac_cabalgata_reis_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … o vindeiro sábado ás catro e media da tarde onde serán recibidos polos rapaces e rapazas da capital arousá que integran a comitiva.

    A partires de aí, e tras alternar con eles, as sete sairán en cabalgata polas rúas da cidade centenaria no seu percorrido habitual. Nesta cabalgata os Magos guindarán uns 2.500 quilos de caramelos de sabores sen glute e faranse acompañar cunha cumprida comitiva real; unha das máis vistosas de Galicia, que este ano contará con carrozas anovadas.

    Nesta súa comitiva estarán acompañados polos paxes reais que lles axudarán a chegar a outros lugares nesta véspera do día de Reis como é o Asilo da Pastora, en Vilagarcía, non así ás igrexas do núcleo urbán.

    A organización defende que mantivo a axuda a aquelas asociacións e colectivos que a solicitaron para manter a ilusión dos cativos; malia a que houbo colectivos como é o caso dos centros educativos de Area Longa, o Anexo A Lomba e o Piñeiriño que se apearon da organización por priorizaren razóns políticas ou económicas antes que a propia ilusión dos cativos. Aínda así na organización deste ano séguense mantendo 15 colectivos sociais, malia a baixa de catro asociacións.

    O comité organizador aposta por seguir adiante con esta festa tradicional polo seu significado para os máis pequenos da casa e tamén para o sector terciario, posto que este é o día no que máis facturan os comercios de Vilagarcía.

    Redacción Salnés