SANXENXO GARANTE A CONSTRUCCIÓN DE VIVENDAS DE PROTECCIÓN PÚBLICA

    O Goberno Municipal de Sanxenxo garante a construcción de vivendas de protección pública nos solos urbanizables previstos no Pxom. O Consello da xerencia desestimará unha petición de promotores de anular a reserva deste tipo de vivendas, nos terreos ubicados entre Festiñanzo e Os Cotos, en Dorrón.

    A Xerencia de Urbanismo de Sanxenxo desestimará no Consello do vindeiro xoves a solicitude de anular as vivendas de protección pública contempladas no solo urbanizable número 9.

     Os propietarios dos terreos ubicados entre festiñanzo e os cotos, en dorrón, solicitaron que se anulase a reserva do vinte por cen de vivenda destinada a protección pública. Tendo en conta que o aproveitamento previsto neste plan parcial, 54 das 260 vivendas programadas estarían suxeitas a algún tipo de protección pública.

    Este solo urbanizable ubícase nunha área situada á marxe dereita da po-308, ó pasar a curva de areas en dirección pontevedra. Esta área ocupa máis de 142 mil metros cadrados, dos cales un 65,8 por cento se destinará a zonas verdes equipamentos públicos e viais. O resto do terreo será para uso residencial en réxime de baixo, planta e baixo cuberta.

    A Xerencia de Urbanismo adoptará a mesma decisión de manter o tanto por cento de vivenda de protección pública nos solos urbanizables número 13 e 14, ubicados en Montefaro, Noalla.