O GROVE> O Concello do Grove non autorizará aos establecementos hostaleiros as grandes terrazas que invadan aparcamentos o rúas peonís estreitas. O goberno é rotundo ante o aluvión de solicitudes que está recibindo por parte dos establecementos. O alcalde advirte que a covid non pode ser un motivo para hipotecar os espazos públicos do Grove.
O concello do Grove está recibir unha aluvión de solicitudes dos establecementos hostaleiros para crear novas terrazas. Antes as restricións da covid, os propietarios queren aumentar as súas posibilidades de traballo en caso de que a situación volva empeorar. Unhas peticións que non convencen ao concello do Grove, xa que moitos hostaleiros queren cubrir as súas terrazas con tarimas e paneis invadindo espazos públicos.
Si se autorizarán as terrazas, durante o tempo da covid, naquelas rúas con suficiente espazo para convivir peóns e terrazas.
Dende o concello indican que moitas das solicitudes que están recibindo teñen como obxectivo optar ás axudas da Xunta de Galicia, pero o alcalde matiza que para iso é necesario que cumpran coa normativa do Grove.
Nunha situación diferente se atopan os establecementos que teñen terraza aprobada dende antes do 2020. Nestes casos poderán seguir utilizando a vía pública.
Noutra situación se atopan tamén as terrazas que se localizan en terreos de Costas e de Portos, nestes casos seguen as normas destas administracións. Para regular todas por igual, o concello solicitou unha reunión con ambas entidades para unificar os criterios.