A Mancomunidade repartirá códigos QR nos comercios para promocionar o Salnés Click

SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés mantén a súa aposta firme por salnesclick, a plataforma online que reune comercios, locais de hostalería e empresas de servizos de toda a comarca. A día de hoxe conta xa con 379 membros, pero a intención da Mancomunidade é practicamente duplicar esta cifra no que queda de ano. Con este obxectivo poñen en marcha unha campaña cos propios establecementos para dala a coñecer entre a cidadanía, co reparto de material divulgativo e a creación de códigos QR.

40.000 bolsas, 90.000 posavaos, 60.000 salvamanteis, 37.000 folletos para usuarios e 3.000 para establecementos. Este é o material promocional que a Mancomunidade do Salnés porá a circular nos negocios da zona para dar a coñecer a plataforma Salnesclick, que reúne a comercios e locais de toda a comarca.

Este material complétase co reparto de 3.000 pegatinas con códigos QR para facilitar o acceso á plataforma Salnesclick.

A aposta da Mancomunidade por este portal é decidida. Naceu en maio e a día de hoxe conta con 379 comercios, locais hostaleiros e diferentes empresas de servizos adhiridos.

Trátase dunha campaña ambiciosa, que conta co financiamento da Cámara de Comercio de España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí