As fábricas de Alfageme en Vilaxoán e O Grove volven á actividade

    alfageme_copy100.jpgSALNÉS> Depois de seis meses paradas, quince traballadoras prepararán un pequeno pedido cunha carga de traballo para unha semana.

    {flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    A quincena de traballadoras volveron onte ós seus postos para preparar o encargo. A pesares do reducido da cantidade, dende Comisións Obreiras sinalan o seu valor simbólico é moi importante. O pedido provén dun cliente asiduo da empresa que adiantou o pago do seu encargo. A súa confianza podería animar a outros a seguir o seu exemplo.

    Este é o primeiro pedido que as fábricas atenden dende o pasado mes de febreiro, pero a crise de Alfageme remóntase un ano e medio atrás. Na actualidade, a empresa está á espera de resolver un concurso de acreedores cun convenio que permita recuperar a actividade nas plantas.

    Dende Comisións Obreiras esperan que a solución chegue no mes de setembro. O informe da administración concursal de Alfageme, aseguraba que a empresa era viable. A posesión de máis capital activo que pasivo, a existencia de actores do sector interesados na súa compra e a importancia que a marca ten no mercado, fan que existan esperanzas reais de que as traballadoras recuperen os seus postos.

    Redacción Salnés