Vilanova demanda á Deputación pola paralización do vial de Baión

    VILANOVA> O concello de Vilanova de Arousa presentou un contencioso administrativo ao entender que a paralización do vial de Baión, por parte da Deputación de Pontevedra, causa prexuízo tanto a administración como aos veciños. Gonzalo Durán admitiu esta mañá que dende Vilanova non pararán ata coñecer cal foi o destino do máis de millón e medio de euros, que estaban destinados a esta obra no municipio Gonzalo Durán non escatimará en esforzos para mostrar o seu desacordo coa paralización da obra de ampliación e mellora da EP 9701 ao seu paso por Baión. Trátase de un tramo de algo máis de 3km, que quedou contratada na época do anterior presidente da institución Rafael Louzán. Unha obra cun custe superior ao 1.600.000 euros, cuxo obxectivo era mellorar a seguridade e ampliar o espazo destinado aos peatóns. Durán afirmou querer coñecer a que se dedicaran eses cartos se finalmente non se realiza esta obra. O concello de Vilanova convertese de este xeito no primeiro concello en levar aos xulgados o asunto, dos seis máis que denunciaron a paralización de importantes obras para os seus municipios.