O alcalde vilagarcián réstalle importancia ás críticas pola ausencia de mulleres nos concertos de San Roque

VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía, satisfeito coas festas de San Roque. Dende o goberno local consideran que os festexos foron un éxito, tanto de público como na loxística e na limpeza. O alcalde da cidade asegura ter recibido moitas felicitacións polo programa festivo. Réstalle importancia ás críticas pola ausencia de mulleres no cartel de concertos. Di que por unha cuestión de custos non se puideron contratar

O goberno de Vilagarcía dise satisfeito coas Festas de San Roque. O executivo consideran que os festexos captaron unha afluencia masiva de público, grazas ó variado programa de propostas. O Concello gastou algo máis de 278.000 euros, cuns ingresos en patrocinios e subvencións que roldaron os 72.000.

En Ravella tamén están satisfeitos coa loxística dos festexos e coa rápida limpeza das rúas. Recoñecen que se todo saiu ben foi pola implicación dos traballadores municipais de tódolos departamentos.

O alcalde mesmo asegurou ter recibido moitas felicitacións pola programación das festas e pola boa imaxe que transmite a cidade. Alberto Varela réstalle importancia ás críticas pola ausencia de mulleres no cartel de concertos.

Máis alá das actuacións, o goberno local indicou que de cara ó ano que vén hai que pensar en cambios de espazos que quedan pequenos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí