Homenaxe a Nicanor Paz

    A parroquia de Lantaño no Concello de Portas homenaxeará este domingo a Nicanor Paz, sacristán da igrexa, falecido fai un ano.  Trátase dun recoñecemento a unha persoa moi querida por tódolos veciños da parroquia. O xardín da igrexa será o lugar que albergará o busto en bronce do Señor Nicanor,  para lembranza deste gran home.

    Fai tan só un ano que Nicanor Paz deixou este mundo para pena de amigos, familiares e veciños. Era o sacristán da igrexa de Lantaño no Concello de Portas, oficio que desenvolveu 51 anos, ata que faleceu. Un home que adicabase por completo a manter o templo en bo estado, tanto dentro como nos arredores. 

    Este domingo a memoria de Nicanor estará  presente na igrexa de Lantaño porque os amigos e seres queridos lle adicarán unha homenaxe moi especial. Todos aportaron o seu gran de area para que o xardín da igrexa acolla un busto de Nicanor cunha praca de lembranza. 

     

    Pero Nicanor sigue presente nos corazóns dos que comparteron con él un trociño do seu tempo. Ainda lembran o seu carácter amable que tranformaba nun gran saúdo a quén pasara pola sua beira. 

    Ainda que o Señor Nicanor, como todos o coñecían, non só preparaba a igrexa senón que tocaba as campás en días de festa e domingos. Un son que ainda soa na lembranza dos que algun día escoitaron cantar os anxos en forma de badalada. 

     

    A partir deste domingo ninguén se esquecerá deste gran home  que mirará atentamente cara a igrexa que tanto amaba.

     

    Redacción Salnés