A Pobra celebra as VII Xornadas dedicadas a Valle

    O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, e o concelleiro de Cultura, Antonio González Millán, presentaron esta mañá a sétima edición das Xornadas dedicadas a Valle-Inclán, que tradicionalmente se veñen celebrando durante o mes de outubro no concello.

    Dende o verán de 1999, o concello da Pobra acolle tódolos meses de outubro as xornadas de homenaxe a Valle-Inclán, que acadan xa este ano a súa sétima edición. Dende o seu tímido espertar, no que un acto institucional constitúa o centro dos actos, o programa foise consolidando ata conseguir unha programación forte e variada, de acordo cos gustos de numeroso público.

    As representacións teatrais ocupan gran parte do cartel desta xornadas coas obras “Tirano Banderas”, “Divinas Palabras” e “El embrujado. Tragedia en Tierras del salnés”. A primeira delas xa tivo lugar o pasado venres mentres que as dñuas restantes desenvolveránse o 22 e o 30 de outubro, respectivamente, no Cine Elma, en horario de oito e media.

    O programa tamén inclúe un amplo abano de conferencias e charlas da man de recoñecidos autores como Alfredo Condeou Baldomero Cores Trasmonte. Tampouco fallarán este ano a música a cargo do dúo, Franco – Becher ou a poesía na lectura pública “A arte da palabra” que terá lugar o 20 de outubro. As artes gráficas tamén estarán presentes a cargo da mostra de fotoxornalismo “As voces da Cultura”, organizada pola Voz de Galicia e que se inaugurou esta mesma tarde.

    Un dos actos máis importantes destas xornadas terá lugar o día 30 de outubro no que se realizará unha ofrenda institucional ante o monumento dedicado ó escritor. Neste acto, está previsto a presenza dunha representación diplomática da República Arxentina, motivada polo forte vencello de Valle co país americano. O concelleiro de Cultura pobrés, Antonio González Millán, quixo agradecer a participación das diversas entidades que colaboran nestas xornadas e, sen as cales non sería posible a súa realización.

    Pola súa banda, o alcalde, Isaac Maceiras, quixo facer fincapé na presentación da nova guía turística da localidade, que terá lugar o día 29 de outubro, co obxectivo de dar a coñecer a Pobra do Caramiñal como destino vacacional. –Inserto Así mesmo, Maceiras Rivas aproveitou a ocasión para agradecer á familia de ramón María del valle-Inclán a estreita colaboarción prestada, non só na realización das xornadas, senón durante todo o ano.

    Redacción Barbanza