O Concello de Cambados asinou hoxe un covenio de colaboración coa Banda de Música de Castrelo. Trátase dunha aportación económica trimestral coa que se pretende fomentar o espírito musical entre os cambadeses.
Dous mil euros é a cantidade que o concello de Cambados destinará trimestralmente ó fomento da música en Cambados. O alcalde do municipio, a concelleira de cultura, o director da banda de música de Castrelo e maila súa presidenta renovaron esta mañá o convenio de colaboración asinado fai xa dous anos e que nesta ocasión se viu incrementado.
Coa firma deste convenio o concello de Cambados contribúe á formación musical de centos de alumnos. Entre o conservatorio e a escola de música de Cambados hai máis de douscentos alumnos matriculados que poden acceder a clases de dez instrumentos diferentes.
Redacción Salnés