Hostaleiros e comerciantes aprenderán a ‘vender, vender e vender’ con Domènec Biosca

    CAMBADOS> O prestixioso experto en turismo Domènec Biosca volve ao Salnés. A Mancomundidade está a preparar unha xornada formativa para profesionais do sector hostaleiro e do comercio, que se celebrará o vindeiro 6 de maio no Parador de Cambados. O obxectivo é que de Biosca poidan aprender as claves para adaptarse ás novas necesidades dos sectores, coa intención de vender o máximo posible.

     

    Comerciantes e hostaleiros terán a oportunidade de aprender dun dos consultores máis recoñecidos do mundo do turismo dentro e fóra de España.

    Entre os inscritos xa hai profesionais de fóra da comarca, que queren aproveitar a volta de Domènec Biosca ao Salnés da man da Mancomunidade. E é que o obxectivo é clave na actualidade: analizar erros pasados e evitar que se volvan repetir.

    Os profesionais destes sectores agardan con esperanza estes consellos, ansiosos por atopar a tecla que lles permita frear a sangría dos anos de crise.

    Por iso a Mancomunidade do Salnés lanzouse a organizar esta xornada.

    A  xornada celebrarase o 6 de maio no Parador de Cambados. Dividirase en dúas partes, dirixíndose pola mañá ao turismo e pola tarde ao comercio. En ambos é gratuíta, cun aforo de 80 persoas respectivamente.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/23/formacion_mancomunidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/23/formacion_mancomunidade.mp4{/flowplayer}