Turismo rexeita declarar As Revenidas como Festa de Interese Turístico Galego

    VILAGARCÍA> O Festival das Revenidas non será de interese turístico galego. Cando menos, polo de momento. O concello recibiu onte denegada a súa petición para conceder esta condición á festa de Vilaxoan; e é que dende a Secretaría Xeral de Turismo consideran que os 10 anos de vida das Revenidas non son suficientes. Unha decisión que o concello recorrerá.

     

    A Secretaría Xeral de Turismo non concederá ao Festival das Revenidas de Vilaxoan a consideración de festa de Interese Turístico Galego. O concello recibiu onte o rexeitamento da súa petición.

    O concello e a Asociación Repichoca reuníronse este mediodía para buscar un acordo que faga viable o Festival deste ano. E é que parte das esperanzas para o seu financiamento pasaban por esta declaración.

    Dende a Asociación amosáronse partidarios de recorrer esta decisión, e destacaron a importancia do apoio institucional para sacar adiante o Festival.

    Na xuntanza, concello e asociación tamén abordaron as necesidades para a organización das Revenidas deste ano, coa intención de atopar alternativas que permitan manter viva a festa de Vilaxoan.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/revenidas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/04/revenidas.mp4{/flowplayer}