![]()
Esta mañá o concello de Sanxenxo presentou o novo curso de Alfabetización e Taller de Memoria no que hai xa inscritos máis de 60 persoas. O curso ten como obxectivo reter na memoria dos máis maiores os conceptos aprendidos o longo da súa vida. Este ano o curso conta coa incorporación de módulos de informática.
Unha educadora con catro voluntarios do Plan Municipal de Voluntariado serán os responsables de impartir o curso de alfabetización e taller de memoria no que participan máis de 60 persoas maiores. Este ano ademáis de aprender diferentes técnicas, que axudarán a reter os coñecementos adquiridos o longo das suas vidas, incorporaranse clases de iniciación a informática.
O curso impartirase dous días a semana nos centros e clubs de xubilados de Sanxenxo, Vilalonga , Nantes e Portonovo. Cada sesión terá unha duración de dúas horas. O curso completarase con actividades culturais e medio ambientais.
Outra das novidades que se incorporará serán actividades para fomentar a igualdade. Os textos de lectura están ecollidos para aprender a vivir na igualdade do home e a muller.
Redacción Salnés








