RIBADUMIA> Terceira semana de vendima e a Denominación de Orixe Rías Baixas achégase ao peche da campaña. Na adega cambadesa Martín Códax continúan inmersos nos traballos, recollendo a uva das súas 2.000 hectáreas de viñedo. Tranquilidade e alta calidade, son as palabras máis repetidas para definir este ano.
Tres semanas despois do arranque da vendima, Martín Códax ultima a recollida nas súas 2.000 hectáreas de viñedo.
Xaquín Martínez coincide coa valoración doutros técnicos e do propio Consello Regulador. A realidade superou calquera expectativa, que nos mes de maio apuntaban resultados discretos.
Pero xullo, agosto e setembro foron meses, segundo Martínez, espectaculares. E a colleita deste ano promete unha alta calidade.
Incluso os episodios de chuvias, como os do sábado, foron ven recibidos por viticultores e adegas. A auga rehidratou a uva e mellorou o seu estado.
Aínda que a adega está a piques de rematar o groso da vendima, Martín Códax non finalizará por completo a recollida de uva ata finais de outubro. A vindeira semana recollerán o froito destinado á marca Vindel, elaborada con uva sobremadura. A recollida a finais do vindeiro mes destinarase ao Gallaecia.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/avance_vendima_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/03/avance_vendima.mp4{/flowplayer}
Comments are closed.