O Salnés, un pouco máis preto dos turistas xaponeses

    balance_xaponeses_copia1001.jpgCAMBADOS> A ruta dos touroperadores xaponeses, remata hoxe. Os expertos nipóns puideron coñecer a gastronomía, a cultura e as posibilidades turísticas da zona.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_MISION_COMERCIAL_XAPONESA.flv{/flowplayer}

    Santiago de Compostela, o Albariño e o polbo á feira, son as principais referencias que sobre Galicia se manexan en Xapón. Despois de catro días analizando as posibilidades turísticas do Salnés, os expertos nipóns regresan ó seu país cunha imaxe moito máis clara do que a zona pode ofrecer ó seu turismo.

    Cambados, Vilagarcía, Sanxenxo e O Grove, foron os principais lugares recollidos na axenda da comitiva. Para a Cámara de Comercio, o obxectivo é situar o Salnés entre os destinos para os turistas xaponeses, un fin para o que os visitantes comprometéronse a colaborar.

    Estes expertos xa falaban dos xaponeses maiores de 45 anos como os turistas potenciais para este destino, que se sentirían atraídos pola seguridade, o mar, o ambiente e a sencillez das xentes da zona. Un proxecto que pode ser o comezo dunha longa relación entre Galicia e o país nipón.

    Redacción Salnés