Cinco emprendedores instalaranse no viveiro de Vista Real

    parque_vista_real100.jpgVILANOVA> O alcalde Gonzalo Durán tamén presentou hoxe o novo parque infantil e biosaudable que se construíu nesta finca.

    {flowplayer}images/salnes/viveiro_empresas_vista_real.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Un total de cinco emprendedores estrearán o viveiro de empresas creado polo Concello de Vilanova nas antigas cocheiras do Pazo de Vista Real.

    Unha delas xa empezou a traballar, trátase dunha empresa de xestión cultural. As outras impulsarán un xornal dixital, unha asesoría, formación on line e atención a domicilio. Durante un ano terán á súa disposición estas instalacións para despegar o seu proxecto. Vén de rematarse a dotación de mobiliario no viveiro de Vista Real. Hai capacidade para colocar a dez empresas, polo que animan ós emprendedores a achegarse ó Concello e presentar a súa solicitude.

    O Concello de Vilanova está tamén acondicionando a finca do Pazo Vista Real de cara a campaña de primavera e Semana Santa. A novidade é un parque infantil e biosaudable e tamén o alumeado desde a porta principal ata arriba. Ambas actuacións custaron 70 mil euros en total, que financiou ó cen por cento a Deputación de Pontevedra. O alcalde cre que axudará a atraer máis visitantes, sobre todo en días de semana.

    En canto ó viñedo da finca, o Concello adxudicou de forma provisional o seu mantemento á Adegas Arousa, gañadora do concurso da Festa do Albariño de Cambados. Será só por este ano, mentres se prepara o concurso para o mantemento e explotación deste viñedo.

    Redacción Salnés