Zona Aberta está satisfeita coas vendas en Fexdega

    A Feira Multisectorial Fexdega chega hoxe á súa terceira edición. E neste día quixemos saber como lles está indo ós comerciantes locais. Zona Aberta instalou unha rúa con diversos comercios que, á espera de que cheguen os días fortes da fin de semana, xa se amosan satisfeitos coas vendas.

    Anque os comerciantes van á feira a facer negocio, neste caso Zona Aberta ten outro obxectivo importante. Apoiar a Feira Multisectorial. Neste sentido as expectativas están cumpridas xa antes de comeza-lo evento, aínda que nunca está demais aproveitar para vender e, sobre todo para darse a coñecer fora da vila.

    Redacción Salnés