A Casa de Cultura de Baión rematará as obras de remodelación dentro de quince días

    A Casa de Cultura de Baión no Concello de Vilanova está en obras. Tratase da remodelación do escenario que carecía dunha insonorización axeitada. Ademáis estase a colocar un novo pano de fondo e unha porta de separación para manter o calor dentro da sala de actos polo inverno. Esta tarde, o concelleiro de cultura, Jose Juan Durán revisaba a marcha das obras.

    As obras remataránse nun prazo de quince ou vinte días e teñen un investimento de 30.000 euros. A insonorización deste salón de actos era unha petición demandada dende fai tempo polos veciños das parroquias. Para a programación de Nadal a nova casa de cultura estará lista. Paralelamente a Casa de cultura do Mouriño en Corón está sufrindo tamén unha remodelación nas suas instalacións e a vindeira semana comezarase coa restauración da Casa de Cultura de András.

    Redacción Salnés